Muros enterrará ao Facundo no seu Entroido comparseiro
08:01 01/02/13
Muros tamén trae un Entroido ao completo. Dende o venres 8 de febreiro haberá actividades comezando polas festas infantís en Louro, Tal e Abelleira, da man das asociacións das parroquias. Pero o día grande é o Domingo de Entroido, día 10 de febreiro, co Concurso de Comparsas. Un concurso que ten 1.000€ para o gañador e máis de 2.000 en total.
Os luns 11 e martes 12 haberá actos de conciliación nos pavillóns de Muros e Esteiro e continuarán as festas infantís por Esteiro, Serres, Torea e Muros.
E o gran peche, será o mércores 13, co Enterro do Facundo. A saída será ás 18:00h acompañada cas pandeiretas de Faltriqueira, e a queima será no Curro da Praza ás 19:00h.
Máis información e inscricións
- As comparsas deberán de estar formadas por un mínimo de 5 persoas.
- 3/ As inscricións das mesmas farase no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, ou a través do teléfono 981762294, fax 981762313 ou da web www.muros.es, dende o día 21 de xaneiro ata o 10 de febreiro ás 15:00 horas.
- Bases do Concurso de Comparsas de Muros 2013 [pdf].
Outros Entroidos da Costa
- Camariñas prepara un entroido de Piratas e velorios.
- Zas prepara o seu Entroido cheo de xogos.
- Carnota e Mazaricos preparan os seus entroidos.
- Laxe e Ponteceso tamén pensan no Entroido.
- Un entroido doble en Corcubión.
- Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa.
- Nucha e Mucha presentarán o entroido dominical de Dumbría.
- O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas.
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).