Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carnota e Mazaricos preparan os seus entroidos

Carnota e Mazaricos preparan os seus entroidos

Xa non queda nada. Os entroidos xa están aí. Xa fumos recollendo propostas de toda a bisbarra e hoxe coñecemos as ideas que nos presentan dende Mazaricos e Carnota.

Entroido de Mazaricos 2013

Un entroido tradicional o de Mazaricos, no que Gran Festival de Disfraces será o domingo 10 de febreiro, dende as 16:00h da tarde na Casa da Cultura da Picota. Haberá un programa de anumación con humor, música e regalos, nunhas actividades nas que colabora a A.VV. Monte Picoto.
Ademais, o luns, ás 17:00h, toca cine, coa impresionante "A invención de Hugo".

Entroido de Carnota 2013

Entroido Carnota 2013

Máis completo o Entroido carnotán, que coma sempre percorrerá as parroquias en connivencia coas asociacións. Entre as citas destacables, o Concurso de Filloas, que terá lugar o venres 8 de febreiro no pavillón de Carnota, entre as 15.30h e as 16:30h. O gañador/a, recibirá como premio unha placa “Ás mellores filloas de Carnota 2013”.

Precisamente o venres 8 será o centro do Entroido, e dende 17:00h ata as 20:00h terá lugar a festa infantil con inchables, concurso de filloas e desfile de disfraces para premiar os máis orixinais (adultos/as e nenos/as) e a súa posta en escena (individual e colectivo, ata 10 participantes).

Pero ao longo da semana haberá moitas máis cousas:

  • Sábado 9 de febreiro:
    - En Lira, ás 16:00 h, a Asociación Canle traerá a Axtérix e Obélix. Virán ata a Torre dos Mouros?
    - En Lariño, ás 16:00 h, a Asociación Insua paseará por Lariño os entroidos máis pintorescos, para logo rematar cun concurso de disfraces no seu local social.
    - No Pindo, ás 17:00h, a Asociación Pedramar organiza un desfile de comparsas, dedicado a personaxes de cómics e debuxos animados. Á noite, lacoada nunha carpa instalada na praza da Solaina.
  • Domingo 10 de febreiro, ás 17:00 h, no Pindo: a Asociación Pedramar fará un concurso de disfraces na Solaina.
  • Luns 11 de febreiro, 11:00 -13:00 h, na Biblioteca Municipal: obradoiro de caretas..
  • Martes 12 de febrerio, en Caldebarcos, ás 16:00 h: Xurde, coma tódolos anos, sorprenderá cos “entruidos” máis tradicionais polas rúas de Caldebarcos.
  • Mércores 13, 11:00 -13:00 h, no salón de actos do Concello: Proxección da película El carnaval de las tinieblas.
    - En Lariño, ás 16:00 h, queimarase o FACUNDO, para rematar o Carnaval……...…. Tódalas idades.

Dende o Concello de Carnota avisan de que non haberá actividades na escola de música, informática e nas escolas deportivas os días luns 11, martes 12 e mércores 13 de febreiro. O xoves, día 14 de febreiro, retomaranse os horarios habituais.

Outros Entroidos da Costa

Fonte

Comentarios