Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros estrémecese polo pasamento de Domingo Dosil

Muros estrémecese polo pasamento de Domingo Dosil

Non só a súa labor á fronte do Concello, se non que os seus moitos anos como activista social e fundador da COGAMI, fixeron de Domingo Dosil unha personaxe que pasará a historia da comarca de Muros. Tan só un ano despois de deixar o seu posto como alcalde, e tras unha insperada enfermidade, o muradán falecía esta madrugada de luns 6 de febreiro de 2012.

O falecemento chegou de sorpresa ademais. Foi por mor dunha infección tras unha operación por un tumor non canceríxeno. A súa alerxia á penicilina provocoulle unha peritonite moi forte que o levou.

Este martes será incinerado e o mércores será o funeral no seu Muros natal. Por expreso desexo non se admiten flores, e a familia recibirá ata mañá martes ás 10:30 horas no Tanatorio Boisaca (Rúa das Mulas, nº 1- Polígono do Tambre- Santiago de Compostela).

A COGAMI amosa a súa tristeza

Non tardou a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en facer público "o seu máis fondo pesar polo falecemento de Domingos Dosil". I é que Dosil, ademais de ser o fundador desta fundamental entidade na loita polos dereitos dos discapacitados, foi o seu Presidente nada menos que durante 17 anos.

Dende COGAMI destacan que "foi un exemplo de coraxe e constancia na defensa dos dereitos da persoas con discapacidade de Galicia e de toda España". E van máis alá asegurando que "sen Domingos Dosil é imposible imaxinar a evolución da situación social das persoas con discapacidade e do movemento asociativo que as representa".

"Domingos Dosil personaliza os esforzos de milleiros de cidadáns para construír unha Galicia mellor para as persoas con discapacidade", sentencia con pena a entidade.

Así, todo Muros chora estes días a morte deste ilustre persoeiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios