xoves. 13.02.2025
El tiempo

Muros recoñece na súa Gala do Deporte aos seus clubs e deportistas destacados

  • A mellor deportista feminina do 2024 é Soraya Hermida Piñeiro e o mellor deportista masculino Adrián Fernández Lago.
  • O mellor club deportivo é a SCRD Esteirana e o mellor evento deportivo o Trail Cova Da Bruxa.
  • Adrián Fernández Lago, José Mayo Caamaño, Carmen Caamaño Caamaño, Recesvinto Tajes Sendón e Adelino Fernández Tajes recibiron recoñecementos e mencións especiais
Foto de familia da Gala do Deporte de Muros 2024
Foto de familia da Gala do Deporte de Muros 2024
Muros recoñece na súa Gala do Deporte aos seus clubs e deportistas destacados

Quedou pequeno o Auditorio do Centro Cultural de Muros este sábado para a I Gala do Deporte do Concello de Muros, un acto emotivo e festivo ás portas do Nadal para recoñecer o traballo de clubs, deportistas e persoas vencelladas ao deporte local.

Auditorio de Muros cheo na Gala do Deporte

“O deporte muradán é envexa en toda a comarca, desde as categorías base que manteñen o espírito de equipo e promoven un estilo de vida saudable, ata a elite deportiva en competicións a nivel europeo ou mundial”, asegurou na súa intervención a alcaldesa de Muros, María Lago.

“Tiñamos moita ilusión posta neste evento e esperamos que perdure no tempo despois do éxito desta tarde”, apuntou pola súa parte o concelleiro de Deportes, Damián Torea, que agradeceu “o esforzo diario dos clubs e deportistas, e o traballo dos técnicos que fixeron posible esta gala”.

Os grandes premios

A concelleira entregando o premio a Soraya Garcia Ermida na Gala do Deporte de Muros
A concelleira Maruxa Martínez entregando o premio a Soraya Garcia Piñeiro

O xurado elixiu mellor deportista feminina do ano a Soraya Hermida Piñeiro (pesca submarina) e o mellor deportista masculino é Adrián Fernández Lago (grappling/Jiu Jitsu).

A mellor promesa feminina é Daniela Rama Figueiras (atletismo/duatlón/triatlón) e a mellor promesa masculina Pablo Lestón Uhía (atletismo/duatlón/triatlon).

alcaldesa e edil con Adrian Fernandez Lago na Gala do Deporte de Muros
A alcaldesa María Lago e o edil Damián Torea con Adrián Fernández Lago 

O mellor club deportivo é a SCRD Esteirana de remo e o mellor evento deportivo a Trail Cova Da Bruxa.

O premio especial da veciñanza foi para Adrián Fernández Lago (grappling/Jiu Jitsu) e o recoñecemento especial do Concello de Muros para Adelino Fernández Tajes. Houbo tamén tres mencións especiais para José Mayo Caamaño, Carmen Caamaño Caamaño e Recesvinto Tajes Sendón.
 

Homenaxe a Vinto na Gala do Deporte de Muros
Adelino Fernández Tajes e Vinto
Os Serres Runners na Gala do Deporte de Muros
Os Serres Runners na Gala do Deporte de Muros

Comentarios