Muros rende homenaxe a Marcelino García Lariño
Fai practicamente un mes que faleceu un bo amigo de Muros, ao que o Concello lle outorgara a Medalla da Vila en 2011. O escritor muradán D. Marcelino García Lariño deixou a todo Muros orfo fai un mes, despois dunha longa enfermidade.
E non vai quedar no esquecemento, e para iso, os directores da revista "The Muros Times" fixeron un monográfico dedicado a el, e preparan uun acto que se celebrará o vindeiro luns.
Será o día da festividade do Patrón de Muros (o vindeiro 29 de xuño de 2015), no Salón de Plenos do Concello, cando presentarán o número especial da revista ”The Muros Times”, integramente dedicado á figura do escritor muradán D. Marcelino García Lariño.
Esta iniciativa, auspiciada polo editor da revista Manuel Lago Álvarez e polo director Jorge Lago Rama, converterase nunha homenaxe póstuma a este ilustre muradán. Porque, se celebrará un emotivo acto no que, ademais do director da revista Jorge Lago, intervirán os tamén muradáns >Domingo Guerra (o noso colaborador da columna de opinión sobre economía municipal); Juan Jesús Gestal Otero, decano da facultade de medicina e odontoloxía da USC; e María Xosé Alfonso (alcaldesa de Muros).
Novas relacionadas
- Muros segue volcado cos libros e presenta Un mar de historia, de José Manuel Bermúdez.
- O poeta Marcelino García Lariño é galardoado coa “Medalla da vila de Muros”.
- 20 números de cultura muradá a través da rede:
- Artigos de Domingo Guerra sobre Economía Municipal.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).