Muros segue o seu verán de vertixe e pasa a Cultura Mariñeira ás Festas do Carme e ás Carrilanas


Non para Muros polo verán. Pases cando pases a vila está chea de vida. A proba está nesta marea de festas que están tendo neste mes de xullo sen parada.
Pero sen tempo a descansar, xa teñen enriba, dúas citas de calado nacional: As Festas do Carme, seguindo en clave mariñeira; e o Gran Premio de Carrillanas Esteiro, unha das Festas de Interese Turístico Galego.
Primeiro, o Carme
Houbo susto o mes pasado cando perigaron as festas de San Pedro no peirao. Pero finalmente, e tras moita negociación, a alcaldesa conseguíu permiso para as 4 festas estivais. Así chegan unhas das festas máis esperadas do ano, como así o demostra o cartel, en Muros. As Festas da patroa dos mariñeiros chegan o mércores 15 de xullo con actividades todo o día, e mesmo un torneo de fútbol, e zumba, para abrir as verbenas coa gran París de Noia.
Para o xoves 16 de xullo, día grande con sesión vermú e procesión marítima pola tarde, a partir das 18:30h, despois da misa. E pola noite, orquestras e ás 0:00h gran sesión de fogos de artificio.O xoves rematamos cos Contos de Canto no Campo da Festa, presentado polo locutor Manuel Lago, e verbena nocturna.
Carrilanas con troula
E sen tempo a descansar, os sábado 18 e domingo 19 de xullo, chega o XXVIII Gran Premio de Carrilanas de Esteiro-Marques de Vizhoja. A troula, cas Festas de Santa Mariña de Esteiro, arrincan xa o venres. E para o sábado, exposición de carrilanas, verbena completa, e como non a gran cita deportiva, de motor pero sen motor, para a tarde dominical, a partir das 19:00h.
Mirade como as gastan por Esteiro...
Novas relacionadas
- María Xosé Alfonso: “Seguirei coidando das redes sociais para comunicarme cos veciños”.
- As Carrilanas xa arrincan en Esteiro.
- Festas do Carme de Muros.
- Festas de Santa Mariña de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).