Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muros #tomalaplaza

Muros #tomalaplaza

Chega a onda do 15M á Costa da Morte esta fin de semana a través da presentación do libro " A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?", coordinado por Marcos Pérez Pena e publicado por 2.0 Editoria. A cita será o sábado 4 de febreiro en Muros no Museo do Mar (antiga fábrica de Sel ás 17.30 h e intervirán Antón Lado (editor), Carlos Neira (autor), Manolo M. Barreiro e Xaime Subiela.

“15-M, a xente fíxose oír onde non podía ser silenciada: nas rúas e nas prazas”

"A praza é nosa. Quen constrúe a democracia?" achéganos unha manchea de ensaios interpretativos sobre o movemento do 15-M como expresión emerxente de novas formas de protesta e participación cidadá e tamén sobre o seu impacto como forza para a democratización das nosas institucións e a sociedade civil.

A obra axunta textos das asembleas de Compostela, Pontevedra, Vigo e A Coruña e de Democracia Real Xa!, e reflexións ensaísticas de máis dunha vintena autores; entre outros: Antonio Fernández de Rota, Arturo de Nieves, Carlos Diz, Carlos Neira, Henrique Mariño, José Antonio López Rey, Manoel Barbeitos, María Queijas, Brais Arribas, Abraham Rubín, Rosendo González, Víctor Sampedro, Xosé Manuel Pereiro, Carlos Taibo, David Rodríguez, Raimundo Viejo e Alfredo Iglesias.

O 15-M, como sinala o xornalista Henrique Mariño, obedeceu a “unhas esixencias que, máis aló, das cores políticas, poderían estar en boca de calqueira suxeito con dous dedos de fronte, empezando polos gobernantes” e, ante o seu ninguneo, fíxose oír onde non pode ser silenciado: nas rúas e nas prazas. O impacto das mobilizacións cidadás comportou un grao de ruptura, imaxinación e innovación suficiente para abrir campo a unha nova política do común, creando así posibilidade para que unha outra democracia poida desenvolverse alén dos límites do sistema democrático actual.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de 2.0 Editora.

Comentarios