mércores. 30.04.2025
El tiempo

Muros vivíu unha fin de semana de época

Muros mira ao Mar 2022-Foto-Xose Sendon
Foto-Xosé Sendón
Muros vivíu unha fin de semana de época

Auténtica a fin de semana vivida en Muros. As XVII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar trasladaron aos milleiros de visistantes ra época, convertindo o fermoso casco vello nun mercado tradicional mariñeiro. Unha festa xa absolutamente arraigada, que conta coa absoluta implicación do pobo muradán que engalana ata o máis pequeno detalle para que o ambiente sexa espectacular.

Exposicións, teatro e música na rúa, charlas, feira, gastronomía, visitas guiadas ás embarcacións tradicionais… Unha marea de actividades para pasar unha fin de semana de época.

Unha demostración do compromiso social son as tabernas. As Asociacións da vila, como Adisbismur, as Carrilanas, o Castelo, Auga e Sal… encargáronse de que non faltase de nada durante a fin de semana.

Muros mira ao Mar 2022
Ambientación da vila
     
Muros mira ao Mar 2022-Foto-Xose Sendon 2
Foto-Xosé Sendón
     
Muros mira ao Mar 2022-Foto-Xose Sendon 3
Foto-Xosé Sendón

Comentarios