Musicoterapia carnotá para os usuarios de Adisbismur

08:15 29/04/14

Durante os vindeiros meses a Escola Municipal de Música de Carnota impartirá un curso de Musicoterapia dirixido aos usuarios e usuarias do Centro Ocupacional de Valadares (ADISBISMUR). Repítese experiencia, xa que se vén facendo ao longo destes tres útlimos anos con excelentes resultados para alumnos e mestres.
Dúas mañás completas ao mes, a mestra e directora da ESMU, Alianza Uhía Patiño, traballará cos usuarios métodos, actividades, bailes, contos musicais, xogos, etc., para acadar os obxectivos que se pretenden coa musicoterapia na xente con discapacidade, onde o primordial é mellorar a afectividade, a conduta, a personalidade e a comunicación.
A primeira sesión realizarase o martes 29 de abril no Centro de Valadares.
Novas relacionadas
- Os usuarios de Adisbismur aprenden coa musicoterapia en Carnota.
- Os máis pequenos de Carnota disfrutaron cos músicos da ESMU.
- Os usuarios de Adisbismur fanse navegantes en Camariñas.
- Aprendendo a coidar un viveiro en ADISBISMUR.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).