Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A nova directiva da ACRD Praia do Castelo estréase cun Casteliño de Entroido no cine de Carcamán

Entroido Casteliño 2023 Muros
A nova directiva da ACRD Praia do Castelo estréase cun Casteliño de Entroido no cine de Carcamán

Xa está mans á obra a nova directiva da ACRD Praia do Castelo pensando na XIX edición do Festival Castelo Rock. E como preparación e para ir recadando fondos celebrarán o Entroido Casteliño.
Unha cita enmarcada no completo programa de entroido muradán, e que terá lugar o sábado o sábado 17 no antigo cine París máis ben coñecido como o cine de Carcamán.

En dito evento contarase coa actuación dos xa coñecidos DJS Muradáns Perrecho e Nieto, ademais terá lugar un concurso de disfraces para todo aquel que queira mostrar a súas vestimentas aos reporteiros que se atoparán pola zona.

Novas relacionadas

Comentarios