A Mostra de Teatro Xosé Agrelo, no epicentro das Letras Galegas de Muros
O Concello de Muros presentou a programación do Mes das Letras e da XVIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo, dúas citas xa clásicas na promoción da lingua e a cultura galega no concello.
Na presentación destacaron “a importancia que teñen para o concello as sesións de teatro para o alumnado dos centros educativos”, agradecendo “a implicación da comunidade educativa de Muros e de asociacións como Adisbismur, A Creba e Misela, ademais dos usuarios do centro de día”.
“O cartel está protagonizado por Begoña Caamaño e a idea era facer un deseño que conectase coa personalidade dela. Begoña era unha persoa moi revindicativa, feminista e con moitisima cultura, Esa cultura que che da viaxar polo mundo cos ollos ben abertos”, explicou Uxía Saborido.
“Esteticamente xoguei cun contraste moi marcado entre o verde corporativo do concello e un laranxa vivo que recorda a ese ton amarillento que collen as paxinas dos libros ao largo dos anos. Esta combinación busca crear unha estetica retro e expresiva da impresión editorial. Un collage de recortes, tal como se facian antes os carteis culturais”, engadiu Saborido, que lembrou que “‘Ler o mundo’ é parte dunha cita de Begoña a cal me parecía moi potente para poñer”.
Programación
Onte comezou a programación de Mes das Letras, con actividades de aproximación á figura de Begoña Caamaño nos centros educativos de Muros.
Haberá como cada ano obras de teatro, charlas, obradoiros e o tradicional acto de ofrenda a Xosé Agrelo, organizado pola Asociación Cultural O Xeito na Alameda de Esteiro este domingo 17 de maio.
XVIII MOSTRA DE TEATRO “XOSÉ AGRELO”
LUNS, 11 DE MAIO no IES FONTEXERÍA
- 10:30 Aproximación a interpretación sobre a figura de Begoña Caamaño: Lidia Veiga
- 11:20 Aproximación a interpretación sobre a figura de Begoña Caamaño: Lidia Veiga
MARTES, 12 DE MAIO no IES AS INSUAS
- 10:30 Aproximación a interpretación sobre a figura de Begoña Caamaño: Lidia Veiga
- 11:20 Aproximación a interpretación sobre a figura de Begoña Caamaño: Lidia Veiga
No AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 11:30 Teatro: ADISBISMUR “Marisol e O Cornacho”
MÉRCORES,13 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 11:30 Teatro: Avelino González “GPA (Galego para abrirmundos)”
XOVES, 14 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 12:45 Teatro: Avelino González “GPA (Galego para abrirmundos)”
VENRES, 15 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 11:00 Música: Nelson Quinteiro “Barullo”
- 20:30 Teatro: ACC Terra de Outes “A praia do demo” (Aberto a todo o público)
SÁBADO, 16 DE MAIO no LOCAL SOCIAL DA SCRD ESTEIRANA
- 20:30 Teatro: Berrobambán “Begoña Caamaño: O transgredir das ondas” (Aberto a todo o público)
DOMINGO,17 DE MAIO na ALAMEDA DE ESTEIRO
- 13:00 Acto e ofrenda a Xosé Agrelo Hermo Organiza: AC O Xeito
- 13:30 Música: Unha Señora Orquestra (Aberto a todo o público)
LUNS, 18 DE MAIO no IES AS INSUAS
- 11:10 Sobrevivir en galego nas RRSS: Konachadas e Prado Rúa
MARTES, 19 DE MAIO na GALIÑA AZUL DE ESTEIRO
- 10:30 Teatro: Xarope Tulú “Bichocas e Corochas”
VENRES, 22 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 11:30 Teatro: Aquelando Teatro “As Muroexploradoras”
SÁBADO, 23 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 20:30 Teatro: Aquelando Teatro “Ensaio xeral sobre a risa” (Aberto a todo o público)
VENRES, 29 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 20:30 Teatro: Sen Cancelas Teatro “Un tranvía chamado desexo” (Aberto a todo o público)
SÁBADO, 30 DE MAIO no AUDITORIO DO CENTRO CULTURAL E XUVENIL DE MUROS
- 20:30 Teatro: O Xeito Teatro¡ “Fermento vello” (Aberto a todo o público)