Nova fornada de Zumba en Santa Comba e Muros
Volve o Zumba arrasar pola volta. E hoxe traemos as dúas citas para este sábado.
Carnaval Zumba en Santa Comba
Este sábado, doble sesión de entroido zumbeiro no pavillón A Fontenla de Santa Comba. Bailar disfrazado será do máis divertido. Así, ás 19:00 os nenos serán os protagonistas e os maiores, ou case máis ben, as maiores, de 20:00 a 21:30h poderán gastar calorías e pasalo ben ao ritmo de zumba.
Zumba en Muros polo Día da Muller
O CIM de Muros convídavos a participar na Master Class de Zumba Fitness que se celebrá este sábado ás 18:30h no porto de Muros. Unha actividade que, para ben ou para man, se artella no marco do 8b de marzo Día Internacional da Muller.
De feito, o BNG de Muros vén de manifestar o seu malestar ca iniciativa dunha sesión de zumba polo Día da Muller. "Caridad, non estamos para bailes" é o título da carta que lle envían á alcaldesa asegurando que só ao "des"goberno de Muros se lle ocorre pór ás muradanas a bailar Zumba".
Desde a Asemblea local do BNG de Muros denunican "a falta de sensibilidade da corporación municipal, cunha data tan representativa para as mulleres na que a maioría dos concellos e institucións públicas conmemoran con diferentes actos onde priman a información, formación, e a diversión inclusive sen pretender que o transfundo sexa "baixar de peso". Parécenos surrealista que un concello gobernado por unha muller, non teña presente todas as problemáticas que o xénero feminino, inxustamente, estamos a cargar nas nosas costas".
Novas relacionadas
- O Zumba que invade a Costa.
- De Santa Comba a Mazaricos a golpe de Zumba.
- Zumba invade a Costa da Morte.
- Dafit márcanos un reto.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).