Martes. 14.05.2024
El tiempo

Nova lista de torneos de verán en Carballo, Camariñas, Outes e Cabana

Nova lista de torneos de verán en Carballo, Camariñas, Outes e Cabana

Xa vimos a marea de Torneos que se nos vén enriba este verán en Santa Comba, Mazaricos ou Cee. Esta fin de semana, sen embargo, teremos a cita principal no Cunchido, en Outes, coa I Copa da Costa Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Pero temos máis citas futboleiras estivais, e imos ata Carballo, Camariñas e Cabana, non sen repasar como vai o torneo do verán, o Campionato de Barrios de Esteiro.

Campionato de Barrios de Esteiro

Barrios de Esteiro 2014

Os Ciclóns xa coññeron o mando se ben ten un partido mais que o Carallo Santo e os mesmos puntos. O Cánchester, que cambiou a cuchara de madeira polo liderato durante as primeiras xornadas, está na 3ª praza. E ollo, que tamén aquí hai problemas coas aliñacións indebidas e os recursos…

Memorial Xosé Luís Vara Oliveira

Torneo F8 Alevin Carballo

Xa está en marcha o X Torneo Internacional de Fútbol 8 Alevín Concello de Carballo - Memorial Xosé Luís Vara Olveira.
Os equipos que disputarán a victoria nesta edición de 2014 son, ademais das Escolas Luís Calvo, o CA Osasuna, o FC Barcelona, o RC Celta de Vigo, o RC Deportivo, o Racing de Santander, a Real Sociedad, o Victoria CF e o Sporting de Xixón, campión o ano pasado. Torres Pichel asegura que "non hai favoritos", xa que os xogadores varían moito cada edición, mais asegura que os rapaces das Escolas loitarán coma sempre para facer un bo papel.

A cita é entre o venres 20 ás 18.00 horas e o domingo 22 de xuño, ata as 14.30 horas aproximadamente, coa celebración das semifinais e as finais o domingo a partir das 11.00 horas.

Calendario-X-Torneo-F-8-Alevin-Concello-Carballo-Memorial-Jose-Luis-Vara-Olveira- Calendario X Torneo F-8 Alevin Concello Carballo Memorial Jose Luis Vara Olveira-2

V Campus de Fútbol Base Concello de Carballo

O director das Escolas Luís Calvo, José Ramón Torres Pichel, aproveitou a presentación do Torneo Fútbol 8 Alevín para falar do V Campus de Fútbol Base Concello de Carballo, que este ano muda de data para celebrarse a primeiros do mes de agosto, entre o 4 e o 8 dese mes. Está dirixido a futbolistas de 5 a 15 anos, e outra das novidades é que estará impartido por prestixiosos adestradores do RC Deportivo da Coruña nas instalacións de As Eiroas.

Interesad@s en obter máis información poden facelo a través dos webs ou . Tamén é posible no número de teléfono 981 259 500. O formulario de inscrición tamén pode descargarse en pdf nesta mesma nova. O prezo é de 100 euros (IVE incluído); e de 80 euros para nenos das Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz, do Bergantiños FC e do Deportivo da Coruña.

Torneo de Fútbol 7 en Camariñas

Dende o Camariñas xa están armando un Torneo de Fútbol 7 para os días 5 e 6 xullo. Xa poden inscribirse no 653 077 393 .

Torneo Base en Cabana

Os días 28 e 29 de xuño o Campo das Redondas, un dos que máis atención presta ao fútbol base, acolle o VI Torneo de Fútbol Base Cabana SD. 14 equipos benxamíns e outros tantos alevíns, cunha primeira fase de grupos a golpe de sábado e un domingo de Fase Final.

Torneo Base Cabana 2014 Benxamin Torneo Base Cabana 2014-Fase Final

Torneo en Carnota

Campionato F7 de Carnota 2014

Campus en Outes

O Outes prepara un campis para o verán dende o 30 de xuño ata o 11 de xullo, para nen@s de 7 a 15 anos. Ten un custe de 35€ e xa se poden facer as inscricións no Concello ata o 28/06.

Campus Concello de Outes 2014

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios