Venres. 11.10.2024
El tiempo

O BNG de Muros ten nova candidata

O BNG de Muros ten nova candidata

María Lago é a segunda pola esquerda Na Asemblea Local Celebrada este venres en Muros, o BNG aprobou a súa candidatura a alcaldía, a expensas de que sexa aprobada definitivamente polo Consello Nacional. A actual responsable local, María Lago Lestón, remudará a Manu García á fronte da candidatura. O propio Manu García e Paula Simal, actuais concelleiros do BNG en Muros acompañarán a María Lago na cabeza de lista, nos postos segundo e terceira respectivamente. Na mesma asemblea, a organización decidiu renovar a responsabilidade local, para reforzar o traballo orgánico do BNG na localidade, cargo que desempeñará a partir deste momento o histórico militante nacionalista, Rodrigo Molinos Romero.

Comentarios