Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Cine París de Muros convertirase nun Auditorio

O Cine París de Muros convertirase nun Auditorio

Este pasado luns, na Casa do Concello de Muros, o alcade, Domingos Dosil Cubelo, e o Decano do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) fixeron a presentación pública do convenio de colaboración entre o Concello de Muros e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para a convocatoria do concurso para a rehabilitación do edificio do antiguo Cine París.

Exemplo de rehablitación

A proposta é recuperar o edificio para crear un auditorio que albergue, con flexibilidadede, diferentes actividades culturais. O devandito auditorio podería acoller ata 200 persoas, algo que non poden facelo ningún dos edificios destinados a asuntos culturais no concello muradán.

Para iso realizarase unha rehabilitación completa do cine, respetando o seu patrimonio. E nesa liña queren focalizar a atención dende a Oficina do Plan Especial de Protección do Casco Histórico de Muros. Plan que xa vai pola 9ª fase e ao que ducias de veciños xa se teñen adherido para solicitar axudas e rehabilitar as súas vivendas.

O investimento rolda o millón de euros dos que o Concello xa ten asegurados 500.000€ coas axudas comprometidas do Ministerio de Cultura.

Aberto o Concurso de Ideas

A presentación servíu para poñer a primeira pedra do Concurso de Ideas para presentar o proxecto de rehabilitación. O Concurso de Ideas, do que presentarán as bases en breve, será coordinado polo Colexio Oficial de Arquitectos. De feito, un membro do Colexo formará parte do xurado, ademais dun membro do Concello muradán, un de Patrimonio e un escollido polas empresas que traian as súas propostas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios