Xoves. 03.10.2024
El tiempo

O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón

O mar de Muros rexeita frontalmente as xaulas de salmón
A perda de calidade das augas da ria de Muros e Noia é unha das causas polas que o sector pesqueiro e marisqueiro rexeita, e de xeito unido, a colocación das gaiolas experimentais de crías de salmón. Unhas xaulas que na actualidade se atopan na ría de Arousa. E o traslado xa comezaba con mal pé cando dende a Xunta consideran unha "situación herdada, perniciosa e mal xestionada polo anterior goberno dende o primeiro momento”. A pasada fin de semana o sector realizaba unha asemblea en Noia na que ratificaban o rexeitamento e fixaban a vindeira protesta. Este mesmo venres 18 de marzo, o sector manifestarase diante da sede de la Xunta de Galicia en San Caetano para deixalo claro.

A ASOAR manifesta o seu rexeitamento

Unha das entidades con máis peso do sector tamén se manifesta. E o fai aportando a súa "rotunda oposición a colocación das gaiolas de crías de salmón na Ría de Muros-Noia". ASOAR amosa ao mesmo tempo "o seu total e incondicional apoio ás confrarías e entidades do sector que están a loitar para impedir que estas gaiolas se ubiquen finalmente nesa Ría, e que sen dúbida se verán prexudicados pola súa colocación". A entidade considera que estas gaiolas provocarán que "unha ría tan productiva coma a de Muros Noia poida verse afectada por unha diminución na calidade das súas augas, e consecuentemente na merma da calidade medioambiental da ría e dos organismos mariños que nela habitan". Nese sentido, desde a Entidade xa se ten solicitado á Consellería do Mar o resultado e as conclusións do informe de impacto medioambiental que deron lugar a decisión de autorización da colocación destas xaulas nesta ría, xa que estudos levados a cabo en outros países afirman que nas zonas onde se instalaron estas gaiolas se pode producir unha importante reducción da biodiversidade e deterioro da calidade das augas. Dende ASOAR-ARMEGA reivindican "a necesidade de invertir en outro tipo de actuacións de melloras medioambientales, como o saneamento das nosas rías, para que estas poidan acadar a máxima garantía de optimidade e de proliferación das especies mariñas que nelas abundan".

Rexeitamento da oposición

Outro que amosa amosan o seu rexeitamento é o BNG muradán, que dende o blog da súa canditata María Xosé da Caseira explica a súa posición contraria á instalación das xaulas. Apuntan estes posibles perigos:
  • Contaminación por nitróxeno e fósforo como consecuencia da sobrecarga de alimento, feces e elementos de excreción dos salmóns.
  • Contaminación por cobre debido ás operacións de limpeza, pinturas antifúnxicas das balsas-gaiolas e alimento sobrante.
  • Propagación de enfermidades á poboación nativa e reprodución cos animais silvestrados cos conseguinte contaminación xenética, como consecuencia de escapes de salmóns.
  • Uso de antibióticos (para diminuir a mortandade dos salmóns) que provocan resistencia na flora bacteriana e enfermidades nos peixes silvestres.

Novas relacionadas

Máis novas do sector

Fonte

Comentarios