Venres. 26.04.2024
El tiempo

O patrimonio marítimo galego chega nunha exposición a Muros

O patrimonio marítimo galego chega nunha exposición a Muros

Ata o 18 deste mes de outubro o Muíño de mareas, Pozo do Cachón en Muros acolle unha interesante exposición sobre o “O patrimonio marítimo de Galicia”. Chega cedida polo CEIDA e permanecerá aberta en horario de 10.00 a 13.00 e de 16.30 a 19.00 horas (de martes a sábado).

Trátase dunha exposición, que foi producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e o seu obxectivo é facernos reflexionar sobre a urxente necesidade de conservación do rico e inmenso patrimonio cultural, histórico, arquitectónico, etnográfico... que atesoura a nosa beiramar.

As actividades, oficios e modos de vida ao longo do tempo estiveron ligados ao mar centran a mostra ”O Patrimonio Marítimo de Galicia”. A través de distintos paneis, os visitantes poderán acercarse ao modo de vida da xente do mar, que deu lugar a unha industria baseada na construción de barcos e portos para protexelos, así como á elaboración de aparellos, útiles de traballo, técnicas adaptadas a cada costa e ás tradicións das distintas zonas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa dos Axentes Locais de Sostibilidade. Concello de Muros.

Comentarios