Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O punto limpo de Muros sufriu un incendio probablemente provocado

O punto limpo de Muros sufriu un incendio probablemente provocado

O pasado sábado pola noite, arredor das 21:15, o Cae112 alertaba dun incendio nas instalacións do punto limpo de Muros. Un incendio ao que acodiron os Bombeiros de Cee, ao GES de Muros e á Garda Civil. Afortunadamente non houbo feridos, pero si que houbo bastantes varios danos materiais. As lapas calcinaron tres colectores destinados á almacenaxe de plásticos, colchóns e restos de poda. O lume tamén calcinou parte dunha caseta.

Ademais, o lume volveu reavivar durante a mañá do domingo en dous dos colectores afectados. Ata o lugar volvéronse desprazar contra as 8:00 horas varios membros do GES de Muros. O 112, mentres, alertou a Protección Civil e á Garda Civil.

Segundo os datos facilitados ao 112, todo apunta a que o incendio puido ser provocado.

Accidente en Outes

Accidente en Outes-Foto-Ges Muros Accidente en Outes-Foto-Ges Muros

O pasado sábado, arredor das 18:00h, rexistrábase un choque múltiple en Outes. Unha colisión na que se viron implicados tres vehículos sáldase cunha persoa ferida. O sinistro produciuse na AC-550, á altura da ponte de Catasueiros.
A persoa ferida foi trasladada ao Centro de Saúde da localidade.

Novas relacionadas

  • 20-08-17: Un incendio forestal puxo en alerta varias vivendas en Carballo.
  • 19-08-17: Lamentan a falta de asistencia de Autoestradas de Galicia nun incendio en plena peaxe.
  • Fonte

    Comentarios