Luns. 21.09.2020
El tiempo

Cine, teatro, música e circo na rúa para aderezar o verán en Muros

Cine, teatro, música e circo na rúa para aderezar o verán en Muros

Con reserva previa necesaria no 981762294, chega o completo programa de actividades culturais para o Concello de Muros.

Un programa que arrincaba esta pasada fin de semana coa apertura das exposicións do centro Conserveira de Sel, en Muros. Trátase da colección de pintura e escultura, “CROMA”, con obras dos artistas locais Alejandro Senande, Amalia Costa, Montse París, Pepa Sestayo e Carmen Senande; e con “Los colores del agua”, dos acuarelistas Fuencisla Iborra e Luis Cámara; e que permanecerán abertas ate o final de agosto. Os visitantes tamén poden gozar das coleccións permanentes do Centro de Patrimonio Marítimo e do Muíño de Marea do Pozo do Cachón.

O luns xa comezou o cine no centro cultural de Muros. Presentouse o proxecto “Premios Darwin. A Tourné” incluído no programa “Visións” da Rede cultural da Deputación da Coruña. Foron 3 as curtas galegas que puideron ver os asistentes.

O martes, 4, tamén ás 22.00h, proxectarase en San Francisco, Louro, o filme “CAVERNÍCOLA”.

O mércores, 5, proxectarase no Centro cultural de Muros a longametraxe “QUIEN A HIERRO MATA”.

O xoves, 6, será no Artón (Esteiro) onde se poderá ver “LA CASA DEL RELOJ EN LA PARED”.

E o venres, 7, de novo no Centro cultural de Muros proxectarase “Eroski-Paraíso” en presenza de Xesús Ron para falar deste gran proxecto que se estreara como obra de teatro en Muros e agora se proxecta en cine. Pois Muros é a localización desta grande creación de Chévere.

O sábado, 8, ás 21.30 h. no Curro da praza ofrecerase un concerto de ADHARA e o domingo, 9, tamén ás 21.30 h. na Praza do Mercado de MUROS o grupo de teatro TALÍA representará “Voa, voa Xoaniña”, incluído no Programa FalaRedes.

As actividades seguirán a diario ate o día 14, alternando o teatro, o circo e a música.

comentarios