Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Xulgado de Muros rebaixa de 15 a 4 anos a pena dun muradán por agresión sexual

O Xulgado de Muros rebaixa de 15 a 4 anos a pena dun muradán por agresión sexual
Xuixes do Xulgado de Muros durante o xuizo Imaxe do Xulgado de Muros durante o xuízo

Mentres a sociedade estatal indignábase pola sentenza da Manada, un caso semellante citábase no Xulgado de Muros. Un veciño de Muros, de 22 anos, era condenado a 4 anos e dous meses de cárcere por maltratar física e psicoloxicamente, e por agredir sexualmenteá que era a súa parella, unha rapaza tamén muradana que tiña tan só 15 anos cando se produxeron os feitos, en 2014.

Unha condena que soa miúda se comparamos cos 15 anos que pedía a Fiscalía, alegando as “dilacións indebidas que houbo no proceso” e que xa pagou a indemnización de 30.000 euros. O mozo recoñeceu os feitos, e a rapaza considerase satisfeita coa sentenza, segundo sinalou o seu avogado.

Os feitos remóntanse a 2012 cando comezaban unha relación, na que había insultos, ameazas e mesmo violencia física. A moza deixaba a relación en 2014. El amenazouna dicíndolle que publicaría fotos íntimas e mesmo chegou a agredila sexualmente no seu domicilio.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC.
  • TVG.

Comentarios