sábado. 22.03.2025
El tiempo

O Zumba muradán dá o salto á TVE

O Zumba muradán dá o salto á TVE

Como se move. Dá gusto mover as cadeiras, mentres a mesma Mariló toma nota dos pasos de mambo e de zumba. Sobre todo de Zumba, que aí é onde Seluco ten un nome xa a nivel estatal, e así o corrobora o feito de que xa estea na TVE. Todo a partir do traballo da canteria muradá nesta nova disciplina deportiva, que xa convertiu á comarca de Muros nun referente.

En todo caso, Seluco Fernández vale “para un roto e para un descosido”, pois na TVE estaban co tema do baile en clave de saúde, e non vai dicir que non. Así que aí está, no programa de Las Mañanas de La1, demostrando que o baile pode ser tremendamente divertido e bo para a saúde.

Unha oportunidade, tras un paso fugaz polo Gran Hermano, que lle chega froito do azar, pero do bo facer. Dando unha masterclass de zumba nocturna nunha discoteca madrileña hai unhas semanas, varias das alumnas eran membros do programa de La1, e así o ficharon, máis para baile que para zumba, pero co ritmo que ten vale para calquera cousa.

Xa saíu un par de veces e o teremos de novo en pantalla os días 6, 9 e 20 de xuño tamén en horario de mañá.
Paralelamente Seluco segue, contratado polo Concello muradán, dando clases de zumba e fitness na piscina municipal e mais nun ximnasio de Boiro, por se hai máis interesados e mover as cadeiras con tanto ritmo coma este muradán que cambiou o fútbol polo zumba.

Arriba vimos como bailou este luns 26 de maio, e así o fixo o venres pasado:

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Seluco na TVE

Comentarios