Sonophobia, a nova banda interxeracional xestada na Sala Nasmo

A Sala Nasmo, a prolífica sala de ensaio do Concello de Muros, presenta nova banda. Sonophobia é un novo grupo formado por músicos de varias xeracións que crean este son influenciado no rock estatal dos anos 80 con moita garra.
Unha demostración de que a Nasmo traballa para toda a xente do mundo da música de Muros, rescatando auténticos históricos da vila que levaban tempo sen tocar e volven con moitas gañas.
Por exemplo Xota, o baixista, profesor da escola de música moderna de Muros, un gran educador e motivador, e un tremendo impulsor de moitas das bandas que se crearon nos últimos anos.
Ou Beni, o guitarrista, mítico dos Miúdos, banda de Louro que publicou o seu único disco aló polo 1998, que é unha auténtica institución no mundo musical. “Un luxo que Beni saque a careta e deixe ver a institución que é para moitos de nós, que eu sempre digo que é maxia pura”, explica Juan.
Marcos, o cantante, é outro clásico da vila, empezou en formacións máis metaleiras, e agora fai este rock con toques oitenteros.
Elías o batería, dende pequeno en bandas como Calleira ou Colisión Frontal (con Alberto e Alfonso que forman Maestro ou Capital Voskov)… que agora se une a Sonophobia.
O primeiro tema que presentan é “Ríe”, todo feito (produción, gravación, mistura e masterización) por Juan Figueiras na mesma Nasmo, a raíz dos esqueletos de temas que traía Marcos.
Mentres, toca adaptarse aos novos tempos, mergullándoze nas novas formas de difusión, e pensando na maqueta de 3-4 temas que van publicar en breve.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 21: A vida que xeran a Escola de Música de Muros e a Sala Nasmo.
- Febreiro 2021: Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego.
- Juan Figueiras: “A Sala Nasmo son os músicos”.
- O muradán Lucas Rei Ramos acada o primeiro premio do Concurso Internacional de Composição de Póvoa de Varzim.
- The Rapants saen de Xira Capital: “As frases pegadizas e os bailes esperpénticos son o noso sello de identidade”.
- ”A Sala Nasmo é un servizo crucial para o nacemento de bandas como Deleiba.
- Chejar e encher, xa na rúa o primeiro disco da banda muradá Lisdexia.
- As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- RqR, unha fusión musical muradá entre o bonito e o duro de roer.
- Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo.
- A Bisicleta, outro hit da factoria #SalaNasmo.
- 2015: Terbutalina publica o seu primeiro disco en vinilo.
- 2015: Terbutalina, Mellor Álbum en galego dos Premios da Música Independiente.
- 2015: Muros bótase á risa e o humor con PahieCulo e Archivo Adxunto.
- 2014: Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- 2014: Un par de dilleis nas cavernas de Muros.