![GES de Muros GES de Muros]()
O concello de Muros e a Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia asinarán próximamente un convenio de colaboración para a cesión por parte da administración autonómica dun equipo de detectores de gases dotado de bomba de aspiración autonómica externa, motorizada e acoplable con destino ao Grupo de Emerxencias Supraminicipal de Muros.
Esta cesión vai realizarse no marco da colaboración institucional entre as distintas administración con competencias en materia de protección civil e emerxencias e na consolidación do sistema de emerxencias de Galicia. Neste eido de colaboración foi como se crearon no 2013 os Grupos de Emerxencia Supramunicipal mediante un acordo entre a Xunta de Galicia, as catro Deputacións Provinciais e os concellos respectivos.
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros atende as emerxecias que se producen nos concellos de Muros, Carnota, Outes e Mazaricos.
Arranxo de Camiños
Ademais, aprobouse unha partida duns 60.000€ para a mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, financiado con fondos FEADER. Trátase do camiño de acceso á Retorta e ao Canceliño e a mellora do saneamento de Ventín, situados na parroquia de Serres.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).