Martes. 12.11.2019
El tiempo

Un laboratorio de idiomas no CEIP de Muros

Un laboratorio de idiomas no CEIP de Muros
Aula dixital do laboratorio de idiomas no CEIP Ramón de Artaza e Malvárez de Muros

Moi interesante o proxecto que se está a desenvolver no CEIP Ramón de Artaza e Malvárez de Muros. Unha aula dixital xa está instalada e en funcionamento gracias á colaboración da Xunta e da Fundación Paideia, e mediante a que os 280 alumnos do centro poden mellorar en materia lingüística.

Hoxe, de feito, o Laboratorio de Idiomas recibía unha expedición completa, formada polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Xesús Vázquez Abad, a presidenta da Fundación Paideia, Rosalía Mera; a directora, María Josefa Vilar; o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e o xefe territorial da Consellería na provincia, Indalecio Cabana.

Rosalia-Mera-e-o-Conselleiro-en-funcions-na-Aula-Dixital-do-CEIP-de-Muros

Aula dixital completa

Un total de 26 postos informáticos nos que os estudantes de todos os cursos – cun uso máis intensivo por parte dos de 5º e 6º de primaria- realizan diferentes actividades para a mellora das súas competencias en linguas estranxeiras. Ademais, as posibilidades que ofrecen os ordenadores instalados pola Consellería están a ser empregados tamén para o traballo en materias como Matemáticas ou Coñecemento do medio.

Esta iniciativa entronca coa aposta que o Goberno galego está a facer polo plurilingüismo no sistema educativo galego. De feito, no marco do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, o centro conta este curso por primeira vez con 4 seccións bilingües en inglés na área de Plástica, e ten previsto amplialas progresivamente nos vindeiros cursos.

O titular en funcións do departamento educativo da Xunta de Galicia quixo tamén agradecer a implicación da comunidade educativa do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez na posta en marcha deste tipo de proxectos para a innovación educativa, entre os que tamén sinalou a aula dixital da que dispón o colexio. Así mesmo, valorou moi positivamente o traballo que este centro está a realizar na súa biblioteca escolar.
De feito, este espazo ten recibido da Consellería 14.850 euros para o impulso das actividades de fomento da lectura e mellora das súas instalacións. Ademais, a biblioteca do centro vén de integrarse este curso no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería.

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta de Galicia.

Comentarios