Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un par de dilleis nas cavernas de Muros

Un par de dilleis nas cavernas de Muros
Manuel Martinez Borjita Fernandez e  -Djs de Muros

Non hai moito estivemos por Muros coñecendo a un par de artistas que se fan chamar “Maestro Romero”. Hoxe, volvemos á vila muradá para coñecer outras figuras da mesma camada. Colegas e compañeiros na escena, Borja Fernández Romero e Manuel Martínez Caamaño, de 19 e 16 anos respectivamente, son un dúo de dj´s muradán coñecidos como Borjita Fernández & Manuel Martínez.

As festas muradás que se prezan xa non poderán, a pesar da súa xuventude, armar unha festa sen contar con eles.
I é que dende ben novos xa escoitaban toda clase de música electrónica (EDM), como Electro-House, algo de Trance e de Progressive… Destacan entre os seus artistas favoritos a Hardwell, Martin Garrix, Nervo, Steve Aoki, Ummet Ozcan, Deorro, Swedish House Mafia, Afrojack, Alesso, Tiësto, Showtek, Nicky Romero... e moitos máis, pero sobre todo os irmáns belgas Dimitri Vegas & Like Mike.

Xa van 4 anos dende que empezaron a relacionarse co mundo da música electrónica. E a súa entrada foi algo curioso, como nos conta Borja: “Nós realmente comezamos neste mundillo totalmente de chiste, fai xa 4 anos. Un día doume por descargar o Virtual DJ simplemente por curiosidade e deu a casualidade de que pouco tempo despois Manu díxome que descargara tamén ese programa sen saber para nada que eu tamén o fixera. Aí foi cando comezamos a xogar con él e a mezclar música sen ningún tipo de controladora, únicamente co PC, polo que as mezclas eran desastrosas jajajaja”, bromea.

Parece que a cousa ía mellorando e mentres continuaban, como poden, cos estudios, seguiron tirando: “A partir de aí, démonos conta de que nos gustaba e decidimos mercar unha controladora de DJ cada un, el mercou a Vestax Typhoon e eu a Pioneer DDJ-WeGo. Iso xa era outro mundo, aínda que ao comezar as mezclas non conseguían ser moi boas xa eran moito mellores, xa que coa controladora podes facer varias cousas ao mesmo tempo, cousa que soamente co PC é imposible. Temos botado tardes e tardes pinchando na casa, pode parecer ridículo, pero nós pasábamolo ben, jajajaja”, apunta Borja, cunha historia semellante á que seguro que contan grandes dilleis do panorama actual internacional.

Foron medrando, e das festas de cumpleanos dos colegas, nas que xa se sabía a quen lle tocaba a parte musical, asaltaron A Caverna. O pub muradán e Manu Sante, un dos promotores da iniciativa O Atallo do Muxo, abriulle as portas da noite, e gracias a estas oportunidades xa foi chamado para pinchar nunha festa de antroido organizada polo Castelo Rock, a festa #ponteodisfraz, para recaudar fondos.

Coa axuda da Caverna e de novas ferramentas de “traballo”, xa están pegando un salto de calidade, para facer as súas propias composicións, que se poderán escoitar na súa seguinte actuación conxunta, o venres 20 na I Festa da Primavera, en Muros, organizada pola propia ruta de copas "Atallo do Muxo" despois do concerto dun grupo de rock local.
Unha cita na que entre tanta zapatilla tamén caerá algo de "electrolatino”, unha gran obriga nos tempos de hoxe debido a súa gran demanda da rapazada muradá.

Así que sen máis, deixámosvos con este par de figuras:

E aquí, unha proba no seu soundcloud:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios