Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os 3 grupos da oposición muxiá aseguran que o goberno local non lle trasladou ningunha proposta de Orzamentos

Sofia Lopez PP Merce Barrientos BNG e Javier Sar IxMuxia
Sofia López (PP), Merce Barrientos (BNG) e Javier Sar (IxMuxia) presentando un escrito conxunto hai uns meses
Os 3 grupos da oposición muxiá aseguran que o goberno local non lle trasladou ningunha proposta de Orzamentos

Volveron unir forzas os tres grupos que conforman a oposición do Concello de Muxía para "desmentir as declaracións feitas polo alcalde de Muxía no que trasmite que nos deu traslado aos grupos da súa proposta de orzamentos para o ano 2024".

A día de hoxe "ningún dos 3 grupos que conformamos a oposición muxiana temos recibido por escrito, nin por ningún outro medio, ningunha proposta de cara aos orzamentos do vindeiro ano 2024", aseguran.

En todo caso, os 3 grupos da oposición afirman "estar agardando dita proposta de cara a ser negociada" pero consideran que "xa chega tarde dado que os orzamentos do 2024 xa deberan estar aprobados para que entrasen en vigor o 1 de xaneiro un síntoma máis da falla de previsión e traballo do actual goberno municipal".

Comentarios