Sábado. 20.04.2024
El tiempo

5,5 millóns de cupóns da ONCE levarán o Santuario da Barca por todo o estado

Cupon da Once do Santuario da Virxe da Barca
Cupon da Once do Santuario da Virxe da Barca
5,5 millóns de cupóns da ONCE levarán o Santuario da Barca por todo o estado

Este pasado xoves tivo lugar no Santuario da Virxe da Barca a presentación do novo cupón da ONCE que leva un dos nosos símbolos mais representativos. Serán 5,5 millóns de cupóns da ONCE os que leven a imaxe do Santuario da Barca por toda a xeografía española.

A partir deste vindeiro día 8, os 20.000 axentes vendedores, e o sitio web comezarán a comercializar este cupón.

Así o explicaron na presentación, nun ano no que a suspensión da Romaría polo menos quedará nesta imaxe icónica.

O alcalde, Iago Toba, subliñou que ‘o orgullo e sentimento que lle produce a un muxián ou muxiana ter entre as súas mans o tan familiar cupon da ONCE, e contemplar nel un dos seus tesouros, é indescriptible’, comentou o rexedor.

Presentacion na Barca
Ao acto acudiron o rexedor muxián, ao que acompañaron o primeiro tenente de alcalde, Javier Romar; o segundo tenente de alcalde, Olalla Benlloch; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez e o delegado da ONCE en Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro. O Cupón Diario da ONCE ofrece 55 premios ás cinco cifras. 

Ruta Lendas do Solpor

RUTA LENDAS DO SOLPOR
Tivo lugar unha nova sesión do ciclo de visitas guiadas Visita Muxía, ca ruta Lendas do Solpor.

Novas relacionadas

Comentarios