55 stands encherán o Pavillón de Muxía na II Feira de Comerciantes


Esta vindeira fin de semana de venres 13, sábado 14 e domingo 15 de xullo o Polideporivo de Muxía colle a II Feira de Oportunidades. Unha feira organizada pola Asociación de Comerciantes Autónomos Outlet de Galicia (ACAOGA) e o Concello de Muxía.
Serán nada menos que 55 stands, como nos conta a Presidenta da entidade organizadora Rosa Fernández, os que enchan o pavillón de produtos. Ademais, o 70% son postos locais, o que lles dá unha entidade máis auténtica á feira.
Haberá de todo, dende un banco, varias aseguradoras, unha tenda de animais, panaderías, embutidos, mobles, zapatos, roupa de deporte, de señora de caballero de neno, e tamén un par de tendas fogar e decoración.
Durante a fin de semana os cafés e os chupitos serán de balde coa entrada (2€), e haberá sorteos cada hora, polo que só por ir poderás levar dende uns zapatos a unha viaxe, roupa... Todos produtos dos propios expositores.
Ademais, para que os nenos estean ben ocupados e nos deixen cotexar ben o que hai, haberá inchables.
E posiblemente haia unha pulpeira para comer fóra.
A feira estará aberta o venres dende as 16:30h ata ás 21:30h e sábado e domingo de 11:00 a 21:30h ininterrumpidamente.
Novas relacionadas
- Muxía non deixa un día libre no seu completo programa de verán.
- O Consumidor desamparado na Costa da Morte.
- Un domingo de feirón e Feira.
- Márketing de andar por casa: Tes unha estratexia?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).