Mércores. 06.11.2024
El tiempo

A expresión emocional centra o programa muxián para o 8M

CARTEL 8M-Muxia 2024
CARTEL 8M-Muxia 2024
A expresión emocional centra o programa muxián para o 8M

O Concello de Muxía conmemorará o Día Internacional da Muller do vindeiro 8 de marzo cunha programación centrada en actividades de empoderamento e dinámicas de grupo.

O punto de partida será o propio 8 de marzo cando terá lugar a andaina “Camiño da igualdade” que partirá ás 11:00 horas desde a praza Cabo da Vila e pretende visibilizar o papel relevante das mulleres nas diferentes épocas e contextos profesionais, a través dunha metodoloxía didáctica.

O camiño estará sinalizado con paneis que conviden á reflexión e o debate sobre temas diversos relacionados coa igualdade e a corresponsabilidade. Outorgaranse ferramentas para analizar de forma crítica a nosa contorna e recoñecer actitudes cotiás que supoñen un lastre para a igualdade. Ao remate da andaina realizarase unha concentración e lectura do manifesto diante da Casa do Concello e aberta a toda a veciñanza.

Para as mulleres organízase Mindlfulness e ioga (2 sesións/2 horas) na que se traballará o Corpo+mente=empoderamento. As participantes poderán mellorar a súa flexibilidade, equilibrio, conciencia, forza e respiración.

Tamén, a través de Creando (4 sesións/2 horas cada unha) as mulleres poderán participar en dinámicas de grupo de análise do feminismo utilizando a creatividade coas mans. Conscientes da invisibilidade da violencia machista cara as mulleres maiores, preténdese poñer o foco na prevención así como a detección temperá e a intervención institucional.

Para a mocidade hai organizados uns obradoiros de comunicación e expresión emocional, con 4 sesións e dúas horas lectivas por sesión. Nestes talleres a rapazada poderá coñecer máis sobre a comunicación e as emocións.

MÁIS NOVAS DO 8M

Comentarios