8M: Unha homenaxe ás mulleres de Muxía
07:29 11/03/24
Este domingo, os ecos do 8M soaron en Muxía, onde o BNG organizaba unha homenaxe a varias mulleres do Concello. Baixo o lema “Nin fadas nin princesas, mulleres con dereitos”, o grupo do BNG quixo poñer en valor o papel de mulleres muxiás de diversos ámbitos da sociedade, que recibiron un agasallo da man do novo deputado do BNG Costa da Morte, Oscar Insua, e a deputada provincial do BNG - Deputación da Coruña, Soledad Agra. As mulleres do BNG de Muxía tamén recibiron o seu premio por colaborar na organización do evento.
O acto complétase cunha cartelería instalada nunha parede da vila ademais da visibilidade nas redes sociais.