Sábado. 02.11.2024
El tiempo

A asociación Muxía Turismo Rural manifesta a súa preocupación pola cancelación dos voos de Raynair

A asociación Muxía Turismo Rural manifesta a súa preocupación pola cancelación dos voos de Raynair
aeroporto-lavacolla Durante o mes de setembro Raynair cancelou xa 22 voos no aeroporto de Lavacolla Son xa 22 os voos de Raynair que tiña programados para aterrizar no aeroporto compostelán de Lavacolla, motivo polo cal a asociación Muxía Turismo Rural manifesta a súa preocupación. Segundo unha enquisa realizada nos establecementos asociados, constatouse que este verán foi o ano que máis italianos recibiron ditos aloxamentos, principalmente da cidade de Milán e a súa área de influencia, liderando os clientes extranxeiros. A maior parte dos visitantes manifestaron viaxar con este tipo de billetes de baixo custe xa que o o traxecto entre Milán e Madrid podía facerse por só 9,79 euros. Segundo indican dende a asociación Muxía Turismo Rural, "esta decisión da empresa afectará tanto á chegada de turistas como de peregrinos" e de aí a súa preocupación xa que xa anularon algunha reserva italiana para finais de setembro. Ademais de Italia, dende a organización muxiana cren que os recortes de Raynair afectarán igualmente á chegada de visitantes doutros destinos. Por outra parte, dende a asociación Muxía Turismo Rural manifestan que están chegando a Lavacolla avións de super luxo procedentes de Italia, China ou EE.UU, uns voos orientados principalmente a executivos de negocios. Así que o colectivo Muxía Turimo Rural aplaude a decisión da compañía inglesa Easyjet de fiar un voo directo estable durante todo o ano desde o aeroporto compostelán a Xinebra, pensando tanto nos potenciais turistas como nos emigrantes galegos no país helvético. Os membros de Muxía Turismo Rural solicitan que compañías e as administracións intensifiquen os seus esforzos para menter a existencia de voos económicos xa que unha das grandes ferramentas para atraer ao visitante e xerar así volume de negocio.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios