Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Barca xa ten cartel

A Barca xa ten cartel
Xa foi presentada a cita por excelencia da Costa da Morte no mes de setembro. Falamos das Festas da Barca de Muxía. A Comisión de Festas facía público o cartel nas últimas horas, e convidaban a veciños e veciñas, e visitantes a desfrutar da romaría, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Programa As Festas da Barca celebraranse este ano entre o venres 9 e o luns 12 de setembro. O venres 9 de setembro iniciaranse os festexos dende as 12:00h do mediodía coa tirada de 21 bombas de palenque para dar comezo á Romaría da Barca 2011. Haberá as misas de costume, pasarrúas, e sesión vermú co grupo Trole. Xa pola noite, gran verbena co grupo Trole, o grupo Limón e o grupo Metrópolis. O sábado 10 de setembro tiraranse 21 bombas de palenque dende as 12:00h do mediodía, para dar comezo á xornada. Misas, pasarrúas e despois sesión vermú, que estará amenizada polo grupo Samba. Xa pola noite, gran verbena co grupo Samba, o grupo Tekila e a orquestra Nueva Generación. Ás 00:30 procederase a unha gran sesión de fogos de artificio. Despois, a festa prolongarase ininterrumpidamente ata as 09:00h da mañá. O domingo 11 de setembro tiraranse de novo 21 bombas de palenque.  Dende as 12:30h misa solemne e despois procesión marítima da Virxe da Barca. Dende as 14:30h tirarase a maior traca de bombas de toda Galicia. Sesión vermú coa orquestra Galilea e verbena con Galilea e Costa Oeste. Xa por último, o luns tiraranse de novo as 21 bombas e a continuación procederase á procesión dende a igrexa ata o Santuario. Despois celebrarase unha misa. Na sesión vermú actuará El Combo Dominicano. E xa na verbena, actuarán El Combo Dominicano e Panorama.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Comisión das Festas da Barca.

Comentarios