A Coral Breogán da ONCE demostra o seu valor no mosteiro de Ozón


Menuda proposta a que nos trae este domingo día 14 o Albergue Aurora de los Caminos ao Mosteiro de San Martiño de Ozón en Muxía. Falamos do Coro Breogán da Asociación Cultural da Fundación ONCE da Coruña, que veñen a Costa da Morte a facer 3 concertos.
A primeira parada farana neste espectacular espazo, recuperado por unha asociación de compañeiros da vida que recuperaron un espazo relixioso abandonado para convertilo nun albergue e nun auténtico foco cultural. Todas as fins de semana artellan algo, e esta do ecuador de xullo non fai ser distinta.
Serán 29 as persoas invidentes que veñan dar luz cos seus cantos no simbólico Mosteiro muxián, toda unha demostración de superación, ao igual que o traballo da xente da Cooperativa Aurora de los Caminos. Unha cooperativa que teñen boas novas ademais, pois a Xunta vén de recoñer oficialmente a vocación do traballo da cooperativa e a condición de sen ánimo de lucro. "Así que estamos felices e con esperanza", cóntanos Marta, que segue en marcha con este proxecto comunal.
Así, nesta fin de semana de mayas e reiki, o domingo ás 13:00 no Mosteiro de Ozón, e as 19:00h no Santuario da Virxe da Barca, a Coral de Breogán da ONCE dará a misa.
Máis información
Novas relacionadas
- Un berro cultural para restaurar os conxuntos de Moraime e San Mariño de Ozón.
- As Auroras fan brillar o Camiño dende San Martiño de Ozón.
Fonte
- Redeacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).