A Coral da Virxe da Barca de Muxía edita un novo CD
![](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2011/05/11/A-responsable-da-Coral-Virxe-da-Barca-recolle-o-CD-de-Moreda-e-Rosa-Mera.jpg)
![A responsable da Coral Virxe da Barca recolle o CD de Moreda e Rosa Mera](/media/quepasanacosta/images/2011/05/11/A-responsable-da-Coral-Virxe-da-Barca-recolle-o-CD-de-Moreda-e-Rosa-Mera.jpg)
Continúan medrando as nosas corais. Se por Zas xa teñen ata dous cd na Coral Xan Mella, esta semana por Muxía tamén poden fardar de disco. E o teñen gracias á Deputación e á Fundación Paideia, que a través da VI edición do programa Outra Outra, editou os discos de 10 grupos do país. Unha delas é a Coral Polifónica Virxe da Barca.
Rosalía Mera e Salvador Fernández Moreda fixeron entrega dos Cds aos representantes das 10 agrupacións musicais da provincia participantes no certame, que nesta edición foron: Coro Vocalisse da Coruña, a Banda de Música e Os Viqueiras, ambos de Ordes; o grupo The Cerne, de Carballo; Tombalobos Orquestra, de Arteixo; o Coro de Cámara da Coruña, o Dúo de Saxo e Piano de Alejandro Cabalar e Laura Díaz, de Bergondo; a coral Polifónica "Virxe da Barca" de Muxía, o grupo Berros do Castro de San Sadurniño e a Banda de Música de Arca, do Pino.
Cada un dos grupos recibirá 1.000 copias do seu disco en virtude dun programa que vén desenvolvéndose ininterrompidamente desde 2005 e que lles permitiu a 78 grupos musicais da provincia, con máis de 1.800 músicos, gravar un disco nun dos estudos de son máis avanzados de Europa, segundo afirmou Salvador Fernández Moreda.
Novas relacionadas
- A Coral que lle canta aos soños de California.
- A Coral Xan Mella graba un CD entre a súa apretada axenda .
Fonte
- Deputación da Coruña.