venres. 08.11.2024
El tiempo

A directiva do Colexio Os Muíños denuncia a falta de atención da Consellería

A directiva do Colexio Os Muíños denuncia a falta de atención da Consellería
5 prazas por cubrir faltan por cubrir hoxe venres 10 de setembro de 2010, o mesmo día do inicio das clases no Colexio dos Muíños. Faltan dúas titorías de primaria, dúas prazas de inglés, e unha praza de pedagoxía terapéutica. Unha situación que a directiva xa lla fixo chegar á Xefatura Territorial da Coruña, onde se limitaron a propoñer que agardasen ata que rematen os prazos. Ante esta falta de interese da Xunta e contando cos numerosos proxectos educativos e de autoformación do profesorado nos que está involucrado o centro (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, Plan de Mellora das TICs, Certificación de Calidade ou PFAC para a renovación do Proxecto Educativo, Seminario de Biblioteca), a directiva vai remitir unha carta ás familias que resulten afectadas porque os seus fillos non poidan ser atendidos nos inicios do novo curso. I é que os profesores que hai actualmente non se poden ocupar de todas as horas. Así a directiva quere manifestar a súa "perplexidade pola falta de compromiso da Consellería de Educación" e lembra, que non teñen noticia algunha sobre as obras que aparecían comprometidas nos orzamentos deste ano 2010.

Novas relacionadas

Fonte
  • Nota de prensa da man do Consello Escolar do CEIP dos Muíños.

Comentarios