3ª FUTGAL: Seaia, Cerqueda e Laxe xogaranse dúas prazas da promoción na última xornada
Se o carrusel da Liga da Costa foi de infarto, o da 3ª tamén foi espectacular, con emoción ata o último suspiro, e cambios na táboa claves na loita aberta pola promoción. Como a remontada do Pereiriña, que estivo perdendo máis de 80 minutos e acabou sumando un punto que confirma a súa presencia nos payoffs, e que deixa ademais fóra ao Baíñas da pelexa.
Quedan pois dúas prazas para acompañar ao Cee (que caeu ante o Coristanco, pero que partirá como claro favorito na promo) e ao Pereiriña, e para elas Seaia (que non fallou en Arliña) e Cerqueda (que descansaba despois da súa tremenda reacción do último mes e medio) dependen de si mesmos, e parten con 2 puntos de vantaxe sobre o Laxe, que sufriron pero venceron ao Inter de Brens. Pero a cousa está interesante, porque o Seaia recibe ao Cee e o Cerquede visita ao Coristanco, dous equipos cos deberes feitos, pero que están demostrando que seguen competindo moi ben.
Pode pasar de todo, sempre se gaña o Laxe (no caso contrario pasarían Seaia e Cerqueda).
- Se gaña o Laxe e perden Seaia e Cerqueda, meteranse o Laxe e o Seaia, que ten o golaveraxe indivudual a favor. Neste caso, calquera empate do Seaia ou o Cerqueda daríalles o pase.
- Se gaña o Laxe e empatan Seaia e Cerqueda habería un triple empate, no que pasarían Laxe e Cerqueda.
Oza - Buño (4-0)
- Oza: Samuel, Brais Bolón, Marcos Carlos, Alex Vázquez, Raúl, Nacho, Iago, Hugo Fraga, Eloy, Davicillas e Miguel. Tamén: Juan Lagoa, Salah, Benja, Fernando, Nico.
- Buño: Cristian, Hugo, Alexis, Alan, Jorge Calvete, Jesús, Sergio, Cristian, Fraghiña, Regueira, e Javi Alonso. Tamén: Christian Novo, Andrés, Aguiar, Facal e Dani.
- Goles: 1-0, m.47: Miguel tras un erro entre a defensa e o porteiro visitante; 2-0, m.74: Hugo tras pase de Nacho; 3-0, m: Nacho a pase de Hugo; 4-0, m.88: Raúl.
Xogábase moito o Buño de Dani Calvete ante o temido campión, apurando as súas últimas opcións de meterse na fase de ascenso. Pero non puideron cun Oza que foi polo partido dende o comezo, combinando ben e con velocidade. O Buño estaba algo máis precipitado e corría máis riscos, tendo un par de boas ocasións e matendo ao Oza sen grandes oportunidades.
Pero un erro, un despiste dos oleiros entre porteiro e defensa, permitía a Miguel abrir o marcador. Fixo dano ese erro, e o equipo non se repuxo, e o Oza puxo o modo campein e acabou goleando case sen querer.
Recibiron o trofeo os carballeses, que entregaron un detalle aos xogadores e un agradecemento especial Juan Lagoa, que deixará o equipo ao remate do club. Despois, feista pola vila.

Lira - Camelle (3-3)
- Lira: Raúl, Xurxo, Cristian, Marcos, Carlos, Alberto, Xabi, Migueliño, Martiño, Iván París e Cibrán, Tamén: Alexandre, Gael, Lude, Hugo e Javi Freire.
- Camelle: Pirata, Raiku (David), Hucho, Ruso, Chans, Josiño, Mario, Fabián (Marcotiño), Tereso (Dido), Lucas Panadeiro e Miguel.
- Goles: 0-1, m.12: Lucas C. de vaelina; 1-1, m.33: Iván París de penalti; 2-1, m.37: Iván París; 2-2, m.56: Dido; 3-2, m.58: Cibrán; 3-3, m.59: Dido de cabeza.
Partido bonito en Lombáns, que comezaba co pasillo aos Infantís campións das EF Concello de Carnota, cun cadro local que lle dá saída a todo ese talento como se pode apreciar na aliñación de Óscar Leis, con 5 xuvenís titulares, 4 deles de primeiro ano.
Comezaba mellor o Lira, pero era Lucas o que abrñia o marcador para os de Sergio cunha fermosa vaselina. Pero pasada a media hora, o dominio do Lira daba os seus froitos con dous goles de Iván París, un de penalti e o outro tras unha boa xogada colectiva.
A segunda foi máis aberta, con idas e vidas constantes, ocasións e goles. O Camelle ca entrada de Dido comezou a crear máis problemas, e nun dos balóns longos, Dido peiteaba, Lucas remataba, para Raúl, pero está atento no rexeite Dido para empatar.
Pouco despois boa xogada dos lirachos, cun centro perfecto de Marcos e Cibrán de cabeza fai o 3-2. Pero pouco duraba a alegría porque Dido volvía colocar o empate tras un centro de Lucas. Aínda quedaron varias ocasións nos dous bandos, con Iván París e Gael (paroulle Pirata no man man) nunha área e Dido na outra.
Muxía B - Sp. Seaia (1-4)
- Muxía: Miguel, Aitor, Jose Luís, Kevin, Martín, Eloy, Adrián, Damián, Furelos, Papin, Ziro. Tamén: Damián, Peski e Xan Nogueira.
- Seaia: Anxo, David Muñiño, Alex Mato, Borja, Todosantos, Erik, Martín, Diego, Edu, Rafa e Juni. Tamén: Isaac, Simón, Adrián Pazos, Noel e Pablo Caamaño.
- Goles: 0-1, m.5: Rafa; 0-2, m.25: Rafa; 1-2, m.47: Kevin; 1-3, m.51: Juni; 1-4, m.54: Juni.
Non podía fallar o Seaia en Arliña e non o fixo. Empezaron moi nem os de Manu Cancela apretando ben e abrindo o marcador por medio dun Rafa que no ecuador facía o segundo. Puido caer algunha máis pero o cadro de Congui reaccionou ao comezo da segunda e recurtaba tras unha boa xogada colectiva. Non tardou en reaccionar o Seaia, aparecendo o olfato de Juni para facer un doblete moi rápido e deixar sentenciados os 3 puntos, que deixan a clasificación para o playoff ben enfilada, pero non segura.
Inter de Brens- Laxe (2-4)
- Inter: Costa, Diego, Christian, Santi Agulleiro, Ferreiro, Evaristo, Mamadou, Leo, Jose, Juan Lagoa, Alex Castro: Tamén: Javichu, Rubén, leio e José Angel.
- Laxe: Jacobo, Darío Mira, Brais Simal, Pedro, Elías, Bieito, Pablo, Guzmán, Leo, Santi Casás e Eloy. Tamén: Micky Pose, Darío Martínez, Izan, David, Martín.
- Goles: 0-1, m.11: Bieito; 0-2, m.47: Bieito; 0-3, m.55: Darío Mira; 0-4, m.66: Darío Martínez; 1-4, m.83: Rubén; 2-4, m.87: Ferreiro.
Tardou en sentenciar o Laxe ante un Inter que competiu ben ata os últimos minutos. Os de Manu Saleta abriron pronto o marcador, por medio de Bieito, pero non conseguiron ampliar vantaxe ata a volta do descanso, cando Bieito facía o segundo. Aí si que ampliou vantaxe o cadro laxense, e só contra o final puido apretar o Inter, quedando ademais o Laxe con 10 pola expulsión do Jacobo.
Baíñas - Pereiriña (3-3)
- Baíñas: David C., Carlos, Rodri, Darío, Manu, Estiven, Esteban, Fandi, Santi, Ibra e Ruli. Tamén: Fabián, Edu, Leo, Dylan, Crisca.
- Pereiriña: Maikel, Eloy, Esteban, Bichiño, Calo, Gabri, Martín, Tito, Jon, Oli e Victor Agulleiro. Tamén: Xabi, Aitor, Abel, Brais Lagoa, Adán.
- Goles: 1-0, m.8: Santi; 2-0, m.32: Kevin; 2-1, m.39: Víctor Agulleiro aproveita o rexeite do porteiro a un tiro de Oli; 3-1, m.44: Ruli; 3-2, m.46: Jon tras asistencia de Oli; 3-3, m.81: Abel.
Partido de tolos en Vimianzo, que mantivo ao Baíñas con opcións durante 70 minutos. Comezaban ben os vimianceses ante un Pereiriña moi durmido. Pronto aproveitaba Santi un roubo na saída do balón para meterse por diante demostrando que os de Antelo estaban intensos. Kevin amplliaba a renda á media hora nunha falta lonxana con algo de axuda da defesa, pero Víctor recurtaba. Antes do descanso Ruli aproveitaba outro erro da defensa ceense para ampliar vantaxe.
Puxéronse o mono de traballo os de Julito, marcaron moi pronto e foron crecendo. O Baíñas non podía reaccionar ante a gran segunda metade dos visitantes, e xa contra o final Abel acadaba o empate tras varios rexeites. Intentárono aínda os ceenses pero estivo moi ben David C.
Nantón - Volantes (4-1)

- Nantón: Álvaro, Adri Abelenda, Fran Torres, Fariña, Xoel, Jorge, Carlos Vidal, Fuentes, Juan, Alex, e Dani Castro. Tamén: Mikel, Nando, Josué e Dani Andrade.

- Volantes: Víctor, Miguel León, Manu Fontenlos, Javi, Alex, Ryan, Roberto Lado, Senández, Alex lLouro, Stefan, Aarón. Tamén: Bruno, Maceiras, Hugo.
- Goles: 1-0, m.10: Jorge define no man a man tras roubo e pase de David; 1-1, m.16: Roberto; 2-1, m.78: Josué; 3-1, m.80: Jorge; 4-1, m.82: Jorge.
Volveu pasarlle ao Volantes, cun bo comezo (despois de regalarlles o primeiro aos cabaneses), tendo moitas ocasións, pero acabou sucumbindo no treito final. Fo un partido aberto, cunha parte para cada equipo. Roberto anulaba o regalo inicial e empataba o partido. De aí descanso, era media hora laranxa, cos de Ubaldo Ponte mandando sobre o campo tendo ocasións de toda clase, pero sen acerto.
Cambiaron as tornas na segunda, o Volantes fixo o de sempre, baixar a intensidade, e o Nantón foi apretando, e nos últimos 10 minutos, aproveitando a inexperiencia duns muradáns que chegaban con nnumerosos xuvenís, enetre eles os dous porteiros, na convocatoria. Jorge Rey, asinou un triplete, pero foi Josué o que desatascou o empate, marcando o segundo e dando a asistencia no terceiro.
Sobre o céspede, a mellor nova foi a volta a unha convocatoria do xogador do Nantón, Maikelm despois do accidente que sufriu en decembro. Ademais, a vitoria cabesa foi dedicada a David Fariña, un dos capis, que pon fin a etapa no club xa que se vai a vivir a Valencia.
Cee - Coristanco (2-4)
- Cee: Jorge, Regueiro, Diouck, Munitis, Fontaíña, Carlos, Xián, Jonathan, Anxo, Jose e Keko. Tamén: Pablo, Martín, Alex e Sergio.
- Coristanco: Jairo, Dani Casti, Samuel, Andy, Lorenzo, Dani Vázquez, Mateo, Jairo, Iván Pastoriza, Kevin e Pablo Pose.
- Goles: 0-1, m.12: Pablo Pose; 0-2, m.16: Iván Pastoriza; 0-3, m.24: Pablo Pose; 1-3, m.35: Keko; 2-3, m.46: Xián; 2-4, m.94: Pablo Pose.
Non se xogaban nada ningún dos dous equipos e notouse no ritmo, deixando nota da calidade os Pablo Pose (que asegurou o seu balón da Olería de Buño cun triplete) e Iván Pastoriza para poñerse 0-3 por diante. Pero o cadro de Rafa Suárez reaccionou, facendo unha gran segunda metade, e meténdose de cheo no partido, tendo opcións claras para o empate. Só no desconto Pablo Pose sentenciaba a vitoria dos de Adrián Lema.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.28: Pereiriña, Cerqueda e Seaia achéganse á promoción mentres o Oza celebra o título e o Coristanco o ascenso.
- X.27: Pereiriña e Cerqueda pegan un salto na tensa loita pola Promoción.
- X.26: 5 equipos loita, nun pano de 4 puntos, por 3 postos de promoción.
- X.25: O Oza selou o ascenso e acariña o título.
- X.24: O Oza deixa asina media Liga nun partido convulso na Rocheira.
- X.23: 6 equipos quedan na loita polas 3 prazas da promoción.
- X.22: Ferve a loita pola promoción.
- X.21: O Buño, gran beneficiado da xornada.
- X.20: Unha chilena para case sentenciar un ascenso.
- X.19: O Pereiriña alonxa o Cerqueda da Promoción.
- X.18: O Oza aproveita o pinchazo do Coristanco e o Laxe alcanza ao Cerqueda.
- X.17: O Laxe alonxa ao Cee do ascenso directo e apreta a loita pola promoción.
- X.16: O Seaia vence o derbi e apreta a loita pola promoción.
- X.15: Coristanco e Oza escapan ao remate da primeira volta.
- X.14 O Cee acabou coa imbatibilidade do Coristanco.
- X.13: O Coristanco pecha o curso como único equipo invicto do Fútbol da Costa masculino.
- X.12: 8 equipos na pelexa por 2 prazas de promoción.
- X.11: Unha xornada para Mikel.
- X.10: Baíñas e Seaia frean a Coristanco e Oza e apretan a táboa.
- X.9: O Coristanco bate ao Oza no duelo de líderes.
- X.8: O Coristanco remonta e alcanza ao Oza no alto da táboa.
- X.7: Oza e Coristanco non paran.
- X.6: O Oza supera tamén ao Cerqueda.
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com