A ensenada do Coído de Touriñan relucirá de novo, agora si, grazas a Mar de Fábula
08:15 20/04/16
A enseada dos Coídos de Touriñán necesita limpeza
Enorme o traballo ambiental de Mar de Fábula. Despois de que o pasado mes de xaneiro se iniciase a campaña de limpeza de praias e recollida dos bastonciños de algodón, os voluntarios e voluntarias da entidade voltarán este mes á enseada do Coído de Touriñán.
Levan un par de semanas intentando facer unha quedada, pero o tempo non o permitía. Por fin, divisamos a primeirao fin de semana de abril na que os pronósticos meteorolóxicos non ameazan con chuvia nesta inestable primavera. Así, o próximo sábado 23 de abril toca limpeza. A partir das 11:00h os voluntarios dispostos a limpar de plásticos as ondas do Atlántico, quedarán no Faro Touriñán. Recoméndase levar bebidas e provisións de boca para o xantar, e o teléfono de contacto é o 608609042.
O mar pide axuda
"Despois dunha primeira limpeza do coído de Touriñán hai agora un ano, o océano Atlántico devolveunos, ao remate do inverno e no mesmo lugar, un volume de lixo moi semellante ao que retiramos na primeira vez", indican dende Mar de Fábula.
"Os ventos e as ondas do sudoeste, as correntes mariñas e a xeografía envolvente daquela paisaxe do cuaternario, son as ferramentas das que se valeu o mar para facernos entrega dunha nova colleita de lixo mariño. Temos que interpretar a súa mensaxe. O mar está a chamar a nosa atención. O mar convócanos a un encontro naquela contorna máxica. Aceptemos o diálogo. Teremos a oportunidade de escoitar os seus argumentos e reflexionar sobre a nosa actitude de desleixo e indiferencia no trato que lle damos. Manter o mar. Mantelo e manternos vivos con él".
Desta forma, a asociación Mar de Fábula, contando co soporte loxístico do Concello de Muxía, realizará proximamente a recollida e retirada do lixo plástico que asolaga a a fermosa enseada do coído de Touriñán. Este traballo de limpeza levarase adiante tan pronto como abril nos ofreza un sábado sen chuvia.
O encontro será ás 11 horas no faro de Touriñán e a convocatoria está aberta a todos os públicos que desexen participar nesta limpeza conxunta. Dende a organización recomendan levar bebidas e provisións para xantar nesta contorna natural. Os interesados poden obter máis información no número de teléfono 608 609 042.
Antes de dar comenzo á tarefa da limpeza e a modo de limiar, haberá unha lectura de textos e un recital de poemas por parte de mulleres e homes do mar.
Novas relacionadas
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Mar de Fábula prantexa unha limpeza ecolóxica para recuperar a dignidade do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula