Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Fundación López Abente convoca o II Premio de Poesía

A Fundación López Abente convoca o II Premio de Poesía
Fundacion Lopez Abente

Volve a Fundación Gonzalo López Abente a poñerse en marcha para lanzar o II Premio de Poesía Gonzalo López Abente, en lingua galega. Se na primeira edición foi Daniel Salgado cos seus “Dos tempos sombrizos (diario)” o que levou o premio, este ano a entidade muxiá abre de novo e ata o 15 de maio, o prazo do certame.

A Fundación Gonzalo López Abente quere con este premio de poesía contribuír a dar difusión ao nome do autor muxián, ademais de contribuir á produción de obra poética en lingua galega. Con este fin asinará senllos convenios coa Consellería de Cultura –para o cofinanciamento do premio de 2.000€- e con Edicións Xerais de Galicia- para a publicación da obra gañadora.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios