A Fundación López Abente xa ten data de nacemento
11:03 26/01/11
Este sábado 29 de xaneiro, ás 11:30h o Salón de Plenos do Concello de Muxía acollerá o acto de presentación oficial da Fundación Gonzalo López Abente.
A presentación correrá a cargo do alcade muxián Félix Porto e X. H. Rivadulla Corcón, e a sinatura da acta fundacional por parte dos representantes das institucións que forman parte do Padroado: Deputación da Coruña, Real Academia Galega, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Consello da Cultura Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Pen Club.
O acto contará cun breve laudatio de López Abente a cargo do poeta Miro Villar.
Unha iniciativa que parte do eido cultural
A Fundación naceu o ano pasado como idea dos pesos pesados do eido cultural muxián e da bisbarra. Moitos deles participarán na ofrenda floral que se realizará despois do acto no cemiterio, cando diante da tumba do poeta, e a nun acto presentado por Xesús Sambade, procederase á lectura de poemas da man de Rivadulla Corcón, Miro Villar, González Tosar (presidente do PEN Clube de Galicia), Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG) e Xosé Luis Méndez Ferrín (Presidente da RAG)A sesión completarase coa visita á sede da Fundación (Casa das Beiras) onde será interpretado pola Coral Virxe da Barca o himno á Virxe da Barca (obra de López Abente), por primeira vez en galego.
Ademais haberá un pequeno ágape de confraternización para os asistentes.
Novas relacionadas
- 24-06-10: A Fundación López Abente segue en marcha co apoio de múltiples institucións e entidades .
- Muxía intenta recuperar a memoria de López Abente cunha Fundación.
- Muxía tamén quere ser "Vila Literaria".
- Aproveitando o turismo en verso.
Artigos relacionadas
- Cando ronca o vendabal: A esquecida memoria de López Abente.
- López Abente na Elección Histórica da Costa da Morte.