mércores. 16.07.2025
El tiempo

A poesía costeira será protagonista en Muxía e Vigo

A poesía costeira será protagonista en Muxía e Vigo

Dúas son as propostas poéticas para esta fin de semana. Unha en Muxía e outra en Vigo, pero con participación costeira.

Día Mundial da Poesía en Muxía

Este sábado 19 de marzo, a partir das 18:00h, a Fundación López Abente organiza unha Lectura de Poemas no Cabo da Vila.

Merendacea

Merendacea é un espectáculo colectivo, elaborado a modo de cabaret, que ten como denominador común a lírica. Merendacea vén sendo un recital de poesía que nace da necesidade de experimentación dun grupo de creadores que procuran novas maneiras de transmitir o feito poético. Por iso en Merendacea hai poesía, música, danza, teatro, videocreación, e, sobre todo, moito h ...umor.

E son varios os artistas da bisbarra que participarán na merenda, como son María Lado, a poeta que fará de presentadora xunto a Lucía Aldao; ou Norxa Insua, titiriteiro de Corcubión.
Ledicia Costas, a bailarina Nuria Baila; Xabier Xil Xardón; Daniel Landesa e a pintora María Longa; David Rodriguez; Lara do Ar; Miguel Valverde e María Reimondez completarán un elenco total.

Merendacea é un proxecto dos creadores dos recitais-combate A hostia en verso, elaborado en colaboración do museo Verbum e coa axuda da Concellería de Cultura e Tenencia de Alcaldía de Vigo. A cita será este venres 18 ás 20:30h no Verbum.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios