![tapas-muxia-2010]()
Este pasado xoves 23 de decembro decidiuse no Salón de Plenos do Concello de Muxía, o vencedor do
II Concurso da Tapa Muxiá. Un vencedor que se elixiu polos votos dos veciños e visitantes que fixeron o percorrido e votaron os pinchos dos 9 establecimentos participantes.
Hai que resaltar que este ano supón unha consolidación do concurso xa que votou máis xente que o ano pasado e non houbo ningunha papeleta nula, é decir, tódolos participantes fixeron o percorrido obrigatorio pasando un por un, por todos os bares.
O gañador foi un ano máis o Bar Xardín. Se
o ano pasado o facía cunha "crepe rechea", esta vez co fixo co pincho
“Para Mariñeiros Nós”, nunha auténtica homenaxe á serie que protagonizan os Manolo de Laxe e Suso Lista, e que tras un periplo pola rede andan xa cada noite na VozTelevisión. O pincho foi creación da cociñeira do establecemento,
Noelia Lema.
En segundo lugar quedou o Restaurante O Coral por tan só un voto de diferencia, coa tapa “ Cazador”. Na votación destacou tamén o restaurante
El Riojano que quedou en terceiro lugar.
Ademais, tamén tivo lugar o sorteo da cea para dúas persoas no establecemento gañador. A papeleta agraciada foi a de Roberto Piñeiro Parada.
Continúa o Programa de Nadal e a Mostra 4 Miradas
![4 miradas]()
Iso si, se esta fin de semana pasan por Muxía non deixen de visitar a
Mostra 4 Miradas. Unha mostra da visión de 4 artistas (Lorena Lappe, Fátima Fortea, Susana P. Llorente e a muxiá Viki Rivadulla) sobre Rosalía de Castro.
E estean atentos ao
Programa de Nadal, que inclúe actividades toda a semana.
Novas relacionadas
Fonte