Luns. 16.09.2019
El tiempo

A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía

A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía
galeria-mulleres-maruja-mallo

Este mes de xullo, o Concello de Muxía a través da Biblioteca da Muller dedica a Galería Mulleres á pintora Maruja Mallo, un "espírito libre". Unha figura necesaria para entender a pintura do século XX, deixando constancia de ser unha artista xenial e trangresora ligada ás correntes vangardistas e ao surrealismo.

Natural de Viveiro vivíu comprometida coa República, coa liberdade da muller e coa vida. Así, a rúa foi o seucampo de actuación. Deste xeito, a súa importancia equipárase a nivel artístico coma a nivel social demostrando que a muller tiña moito máis que dicir no eido social do que soía pasar. Tomou ese espazo público, negado á muller, e recuperou para a muller libre e independente coa súa rebelde forma de estar no mundo, revolucionando unha sociedade misóxina e tradicional.

A súa obra foi e é, admirada e loubada internacionalmente, aínda que tras o longo exilio, unha sociedade aínda machista e sumida na escuridade do franquismo, borrou case o seu rastro. Foi moi influinte na súa xeneración chegando a ser amiga de Lorca, Dalí, Buñuel, Miguel Hernández, Alberti , Gómez de la Serna, Breton ou Neruda…

Máis información

Comentarios