Domingo. 06.10.2024
El tiempo

O alumnado do IES de Muxía toman conciencia, da man de Íntegro, das consecuencias dos accidentes

Sesion de accesibilidade de Integro no IES Ramon Caamano de Muxia 2
O alumnado do IES de Muxía toman conciencia, da man de Íntegro, das consecuencias dos accidentes

Son estas sesións directas, en primeira persoa, as que máis chegan á mocidade. Continúa a Asociación Íntegro indo polos centros de ensino da comarca para levar a campaña “A ti tamén che pode pasar”. Uns 50 alumnos de 3º e 4º da ESO do IES Ramón Caamaño participaron na sesión de sesibilización, que consta dunha charla sobre lesións medulares e un circuito de mobilidade no que viven en primeira persoa as consecuencias que pode acarrear un accidente.

Ademais da proxección do vídeo da campaña, a educadora social do Centro de Recursos de Nantón, Tania Bartucca, lembrou que os mergullos en praias e piscinas e as imprudencias ao volante son os causantes da maioría de sinistros entre a mocidade, “polo que é moi importante que tomedes conciencia de que un segundo pode cambiar toda unha vida”, recalcou o presidente da entidade Adolfo López Baña, que tamén estivo presente en dita xornada, para insistir o alumnado sobre a importancia da prevención.

Pero o que máis lle impacta ao alumnado é sentarse nunha cadeira de rodas, e poñerse na pel dunha persoa con mobilidade reducida a través da realización dun circuíto de obstáculos.

Sesion de accesibilidade de Integro no IES Ramon Caamano de Muxia

Comentarios