Mércores. 19.06.2019
El tiempo

O alumnado de Muxía aprende a practicar o #BoTrato

Olalla Villaronga Seoane nas sesions do CIM de Muxia
Olalla Villaronga Seoane nas sesions do CIM de Muxia
O alumnado de Muxía aprende a practicar o #BoTrato
O alumnado de Muxía aprende a practicar o #BoTrato

Fundamentais as accións que está desenvolvendo o Centro de Información á Muller (CIM) do concello de Muxía. Co finanzamento da Secretaría de Estado de Igualdade e no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, puxo en marcha un programa de sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres denominado "Encontros en Igualdade". Este programa inclue dúas actividades artelladas pola psicóloga social Olalla Villaronga Seoane.

Por un lado está realizado un obradoiro de autocoñecemento para o cambio, dirixido a mulleres, que traballaran en grupo durante 6 sesións. Comenzaron o 7 de maio e rematarán o 30 de xuño.

Ademais, Olalla tamén impartiu unha interesante Palestra sobre vínculos afectivos para o #BoTrato. Unha cita dirixida á mocidade, que se desenvolveu o día 21 de maio no IES Ramón Caamaño, e que rexistrou un enorme interese do alumnado.

Comentarios