Amplían o rango de idade para o FP Dual de Cociña e Restauración do IES de Muxía
O IES Ramón Caamaño de Muxía abre o segundo prazo de convocatoria para solicitar praza na FP Dual de Cociña e Restauración. E faino coa novidade de que non hai límite de idade por arriba, polo que as poderán solicitar praza maiores de 16 que non teñan o título da ESO nin equivalentes.
Esta nova convocatoria estende a oferta a un sector amplo da poboación interesado en recibir unha formación remunerada e de calidade no sector da hostalería, que tanta demanda e crecemento está a ter na comarca da Costa da Morte.
O modelo Dual comeza xa neste primeiro curso, e supón que o alumnado se formará nas distintas empresas colaboradoras desde marzo, asegurados e cobrando un salario de alomenos 630€/mes.
Os negocios implicados serán O Parador da Costa da Morte, A Casa do Peixe, Son de Mar, A Lonxa D’alvaro e A Furna de Muxía; As Baleas de Muxía e de Cee; O Semáforo de Fisterra; Ínsua de Cee; e Villa de Oro de Camariñas.
Os interesados poden achegarse ao centro ou solicitar información no número 881880775.
MÁIS NOVAS SOBRE O FP NA COMARCA
- Maio 23: Os empresarios do turismo piden ciclos formativos para paliar os problemas para encontrar persoal.
- Xuño 22: As alcaldesas do PSOE piden un ciclo de FP para a comarca.
- Abril 22: A Xunta rexeita FP Dual de Restauración para o IES de Muxía.
- Novembro 21: "O sector de hostalería debería mirar as condicións laborais que ofrecen, porque xente para traballar hai”.
- Novembro 21: O empresariado costeiro únese para conseguir un FP Dual de Restauración no IES de Muxía.
- Xuño 23: O IES de Muxía consegue por fin o FP Dual de Cociña e Restauración.