A Xunta rexeita FP Dual de Restauración para o IES de Muxía
Mentres a Unión Europea deriva o modelo económico da comarca, invitando a deixarmos o mar e meternos na cociña, a Xunta non fai o necesario para que o sector hostaleiro medre con xeito, desenténdonse das necesidades en materia formativa da zona.
O pasado mes de novembro, o empresariado costeiro, nunha acción pioneira, uníase co IES Ramón Caamaño para solicitar un FP Dual de Restauración. O centro de ensino muxián considerou que era unha necesidade na comarca e trasladou a petición á Consellería de Educación.
Pero dende a Xunta consideran que ”a oferta educativa para os ciclos de grao medio na rama de hostalaría está suficientemente cuberta en Galicia, polo tanto, non hai necesidade de implementar un ciclo medio destas características na comarca”. Así llo trasladou o Secretario Xeral de Educación, José Luis Mira Lema, á dirección do centro.
O empresariado cre que se trata dunha “pena”, porque vén clarísima a necesidade da nosa comarca, e seguirán “sufrindo para atopar traballadores formados”.