Martes. 16.04.2024
El tiempo

As alcaldesas do PSOE piden un ciclo de FP para a comarca

Alcaldesas Costa da Morte
As alcaldesas do PSOE piden un ciclo de FP para a comarca

O pasado mes de novembro, o empresariado costeiro uníase ao IES de Muxía para solicitar conxuntamente un FP de Hostalería que permita unha mellor formación nun dos sectores máis empregadores da comarca. Pero en abril, a Xunta rexeitaba a opción, a pesar desta inusual unión entre empresarios e o sector educativo.

Semella que a cousa non vai quedar aí, e dende o sector empresarial, así como dende a oposición, van intentar traer unha oferta formativa adaptabada ás nosas necesidades. Así o reclamaron onte os alcaldes e alcaldesas socialistas da Costa da Morte, que mantiveron unha reunión, aproveitando a visita do secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro; e da secretaria de Xustiza, Relacións Institucionais e Función Pública da CEF PSOE, Llanos Castellanos.

As rexedoras de Camariñas, Cee, Muxía, e Vimianzo (o de Carnota non puido estar finalmente) reclámanlle á Xunta este FP “para dar resposta á demanda do sector turístico”.

alcaldes da Camarinas

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, apuntou que “a despoboación do rural é evidente, temos que formar aos máis novos, non só na hostalería, tamén en sectores como a pesca, pero parece que non hai vontade”.

Pola súa parte, Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, engadiu que “o tecido empresarial pide traballadores formados para o destino Costa da Morte, pero non atendemos as súas necesidades e se os mozos marchan a formarse a outros sitios, xa non regresan”.

Ademais do IES muxián, lembraron que o IES Fernando Blanco de Cee tamén solicitou esta formación, denunciando que a Xunta obrigaba ao Concello a asumir as instalacións e o seu mantemento para o desenvolvemento do ciclo.

Máis novas sobre o FP na comarca

Comentarios