Antonio Nodar e Xoanxo Cespón, arte costeira de UK a Fisterra e Muxía
Coicinden en ter desenvolto boa parte da súa carreira artística no Reuno Unido. E coinciden estes meses expoñendo na Costa da Morte. Un, Antonio Nodar, faino no Bela Muxía. Outro, Xoanxo Cespón, no homónimo fisterrán.
Xoanxo Cespón, que protagonizou esta fin de semana unha fermosa velada de jazz e poesía no Mar de Crebas de Corcubión, xa ten en marcha a expo-dixital ‘Mares da Costa’ de Xoanxo en Bela Fisterra. O multidisciplinar artista ceense presentou o seu pasado xoves a exposición no Bela Fisterra, onde os visitantes poderán ver o vídeo da súa obra en cada unha das habitacións.
Obras que están á venda na galería Stoupa de Cee.
Pola súa banda, o fotógrafo internacional de Baíñas Antonio Nodar está expoñendo máis de 50 fotografías no Bela Muxía. Antonio viviu a experiencia como peregrino en Bela Muxía e quixo plásmalo na sua obra logo de percorrer o Camiño a Fisterra e Muxía.
Ata finais de verán estarán expostas estas visións da arquitectura do propio establecimento, trala súa estancia.