Venres. 23.10.2020
El tiempo

Anuncian a mellora dos accesos ás Caldeiras do Castro para a vindeira primavera

Anuncian a mellora dos accesos ás Caldeiras do Castro para a vindeira primavera

É un dos tesouros de Muxía, un dos atractivos turísticos con máis potencial, e un dos espazos que máis mimo precisa. De aí que o Concello de Muxía anunciase un conxunto de melloras na contorna das caldeiras do río Castro (tamén chamadas fervenzas de Trasufre) de cara á primavera de 2021.

Os traballos consistirán na instalación de sinais, colocación de mobiliario urbano, traballos de xardinaría, adecuación de accesos e renovación de iluminación. Ademais mellorarase a pasarela de madeira (xa queimada en varias ocasións).

comentarios