Aparece un narcosubmarino nas augas de Muxía

09:55 22/01/25
Esta mañá emerxía na enseada de Muxía, en plena ría de Camariñas, un submarino. O que probablemente é un narcosubmarino, foi visto a primeira hora da mañá, e de contado a Garda Civil abríu a investigación e un barco de pesca de Laxe está procedendo a remolcalo ata o porto de Camariñas, onde espera un importante operativo da G.C., co peirao mesmo cortado ao tráfico.
O submarino, de grandes dimensións, aparecía coa escotilla aberta.
A embarcación, no proceso de remolque ata o peirao de Camariñas, está sufrindo e está afundindo.



Máis novas sobre narcotráfico